Letra de Durme
Cando as palmeiras
xa bailen coas estrelas.
E xa, na praia, escoites as ondas murmurar.

Durme, durme, durme meu meniño.
Durme, durme, durme meu ben.

Cando as anduriñas
xa bailen cos morcegos.
E xa, na rúa, as máquinas deixen de soar.

Durme, durme, durme meu meniño.
Durme, durme, durme meu ben.

E cando choren as xanelas
eu virei pra te cantar.
Ó son das bágoas do ceo
que che veñen arrolar.

Cando, na noite, as feras deixen de bruar.

Durme, durme, durme meu meniño.
Durme, durme, durme ata a mañá.


(Gracias a Marta Dacosta por esta letra)