Letra de O Incio
O verde que garda
os nos recordos
imaxes de soños en cor
a ruta do ferro
da terra de lobos e
aguias que rozan o sol
camiños que sembran serpentes
que cruzan as augas
do Cabe o Maô
xanelas que surxen como vagalumes
facendo a noite brilar

O Incio a terra brava
de vales, soutos, penedos
cruz que nas cumes se crava
sempre moi preto do ceo
O Incio a terra brava
como che dixo Anxel Fole
fonte das augas que corren
terra de sempre lembraaaaaaar


Paisaxes eternos de verde infinito
agochan un mundo ideal
as lendas as meigas que nas carballeiras
conxuran o ben e o mal
os castros dos celtas historia
que queda que o tempo non puido borrar.

O Incio a terra brava
de vales, soutos, penedos
cruz que nas cumes se crava
sempre moi preto do ceo.
O Incio a terra barava
como che dixo Anxel Fole
fonte das augas que corren
terra de sempre lembrar

O Incio a terra brava
de vales, soutos, penedos
cruz que nas cumes se crava
sempre moi preto do ceo.
O Incio a terra barava
como che dixo Anxel Fole
fonte das augas que corren
terra de sempre lembrar


(Gracias a Carla y Claudia por esta letra)