Amarás Miña Terra Letra

Lucía Pérez

Dígocho En Galego

Letra de Amarás Miña Terra
Falando e falando xa sabes de min.
Que veño de lonxe o mesmo que ti.
Que cando o meu cuarto xa queda pequeno,
Pechando os meus ollos, nos soños esperto
Por verdes paisaxes xunto a un mar azul.

Quixera traelos aquí xunto a ti,
Para que puideses comigo sentir,
Sentir a humidade que hai baixo das follas,
E ver que tamén ti namóraste e soñas
Con non saír nunca de alí...

Se me queres a min, amarás miña terra.
Xa virás algún día, ver onde eu nacín.
Se desexas amor e as miñas caricias,
Voarás ó meu lado e amarás ti tamén:
á miña Galicia.

Falando e falando quéroche contar,
Que eu me imaxino podendo voar,
E como nun conto, bogando nos ríos
teu mundo e o meu mundo por sempre fundidos.
E xuntos de novo soñar.

Se me queres a min, amarás miña terra.
Xa virás algún día, ver onde eu nacín.
Se desexas amor e as miñas caricias,
Voarás o meu lado e amarás ti tamén:
á miña Galicia.


(Gracias a cristina por esta letra)