Lucía Pérez

Amarás Miña Terra
Falando e falando xa sabes de min. Que veño de lonxe o mesmo que ti. Que cando o meu cuarto xa queda pequeno, Pechando os meus ollos, nos soños esperto Por verdes paisaxes xunto a un mar azul. Quixera traelos aquí xunto a ti, Para que puideses comigo sentir, Sentir a humidade que hai baixo das follas, E ver que tamén ti namóraste e soñas Con non saír nunca de alí... Se me queres a min, amarás miña terra. Xa virás algún día, ver onde eu nacín. Se desexas amor e as miñas caricias, Voarás ó meu lado e amarás ti tamén: á miña Galicia. Falando e falando quéroche contar, Que eu me imaxino podendo voar, E como nun conto, bogando nos ríos teu mundo e o meu mundo por sempre fundidos. E xuntos de novo soñar. Se me queres a min, amarás miña terra. Xa virás algún día, ver onde eu nacín. Letras de cancionesSe desexas amor e as miñas caricias, Voarás o meu lado e amarás ti tamén: á miña Galicia. (Gracias a cristina por esta letra) From Letras Mania