Tola Atrás De Ti Letra

Ses

Admirando A Condición

Letra de Tola Atrás De Ti
Ando
tola atrás de ti.
Se ti vas, eu veño.
Non podo seguir así.

Sinto
un grande malestar.
Faime caso,
vasme matar.

E cando queiras vir a verme ou ir bailar
non perdas tempo, venme buscar.
Collerei algo de abrigo e alí estarei,
non quero disimular, xa sabes rei
que ando tola tras de ti.

Durmo
cun ollo a medio abrir
non descanso rei
vivo pensando en ti.

Ando
tola atrás de ti.
Se ti vas, eu veño.
Non quero seguir así.